O Correo de A Costa da Morte

Olimpíada Cultural no IES Fernando Blanco de Cee ata fin de curso

Repartirá 1.300 euros en premios, que serán patrocinados por tres empresas da comarca

  • 07 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. O luns dará comezo a 11ª Olimpíada Cultural O saber ten premio no IES Fernando Blanco de Cee. Nesta edición poderán participar equipos formados, cada un deles, por cinco estudantes dos cales tres deberán estar cursando algún Ciclo Formativo ou Bacharelato e dous serán alumnado da ESO ou EPA.

Estes equipos iranse enfrontando en sucesivas eliminatorias ata que só queden tres, que serán os que pasen á Gran Final, que este ano se celebrará no mes de xuño, o último día de clase.

A Olimpíada Cultural celebrase mediante un xogo informático exclusivo do IES Fernando Blanco que vai seleccionando preguntas entre unha base de datos de máis de 900. Versan sobre calquera das materias das ensinanzas impartidas no instituto e foron propostas por todos os departamentos didácticos.

En cada unha das eliminatorias os equipos deberán responder a 20 preguntas, seleccionadas ao chou polo programa informático. Na Gran Final, os finalistas enfrontaranse a un dobre reto. Nunha primeira fase terán que responder a 20 preguntas e a segunda consistirá nun debate no que se valorará a capacidade de argumentación, oratoria, rigor e coherencia no discurso.

O patrocinio dos premios corre a cargo de empresas da Costa da Morte. Así, Xeal aporta 600 euros para o gañador; Gerca 400 € para o segundo clasificado e Ferretería Roget 300 € para o terceiro.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.