O Correo de A Costa da Morte

Películas que debes ver se es un amante da Costa da Morte

Ao longo dos últimos anos varios directores apostaron por esta bisbarra como escenario dos seus proxectos // Netflix tamén se fixo eco da zona cun spot publicitario

  • 15 sep 2020 / 17:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A bisbarra da Costa da Morte é unha zona que goza dun gran recoñecemento xa non só en Galicia, senón tamén nunha gran parte do mundo debido as súas paisaxes e beleza natural. Desde os faros e miradores, pasando polas súas montañas e cabos e rematando polas súas praias. Todo forma parte dun ecosistema incomparable para quen queira respirar aire fresco e alonxarse do estrés da vida cotiá.

Isto non pasou inadvertido para varios produtores e directores de cine, que viron nesta zona un lugar envexable para rodar parte ou na súa totalidade as súas longametraxes:

1. Para que no me olvides: Esta obra estreada no 2005 e dirixida por Patricia Ferreira, foi nominada no seu momento a tres premios Goya, entre eles o de mellor actriz. Conta cun reparto no que destacan nomes da altura de Fernando Fernán Gómez, Marta Etura e Emma Vilarasau. Parte de este filme foi grabado en Fisterra, na fermosa praia de Langosteira.

2. Costa da Morte: O aclamado director galego Lois Patiño, integrado dentro do novo cinema galego, estreou esta película-documental no ano 2013, sendo moi ben recibida pola crítica, o que fixo que acumulara varios premios. O filme recorre varios puntos emblemáticos e concellos da zona.

3. Sicixia: Despois da efervescencia e éxito da Esmorga, baseada no libro de Blanco Amor, primeira película en galego nominada a un Goya, o seu director, Ignacio Vilar, apostou pola Costa da Morte para o seu novo proxecto. A obra recurriu a concellos como Dumbría, Cee, Fisterra, Muxía ou Camariñas para esta rodaxe. Vilar conta a historia de Xiao, un enxeñeiro que recorre Galicia procurando os seus sons máis profundos, ata coñecer a Olalla coa que o unirá un forte vínculo.

4. A Mariñeira: O gran Morris, Camila Bassa e Monti Castiñeiras son algúns dos protagonistas desta cinta galega coproducida entre a TVG e TV3 que conta os horrores da guerra civil e o franquismo. Dirixida por Antón Dobao e extraída dun relato literario de Xohán Cabana, achéganos a historia dos acosos do 36 en Quilmas, en Carnota, e da loita das mulleres da vila por sair adiante, mostrando a crueza do momento.

5. Lua Vermella: A segunda longametraxe de Lois Patiño, despois do éxito conseguido con Costa da Morte, tiña pensado ver a luz das taquillas de cine fai uns meses, mais a pandemia retrasou a súa chegada. A novidade desta cinta e que incorpora a actores non profesionais e con personaxes propios da vila como o Rubio, recoñecido buzo que rescatou máis de 30 cadáveres de náufragos ao longo dos anos.

Como bonus track cabe dicir que ata o xigante Netflix, lider absoluto das plataformas do audiovisual, apostou por Fisterra para un dos seus proxectos. Foi para promocionar unha das súas series, Altered Carbon. Baixo o título Bienvenidos a Fisterra, el pueblo de la Costa da Morte en el que nadie muere, o spot recurre a sátira e o humor para simular que sucedería nun mundo no que non houbera mortes.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.