O Correo de A Costa da Morte

Piden novas luminarias para a igrexa parroquial de San Marcos de Corcubión

  • 18 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Corcubión. O grupo municipal Sempre Corcubión solicita que se repoñan as luminarias do campanario da igrexa parroquial de San Marcos, un templo que está declarado Ben de Interese Cultural e que forma parte do casco antigo declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1984.

Alfredo González, portavoz de Sempre Corcubión, considera de importancia “que o noso patrimonio teña unha mellora na exposición da súa beleza arquitectónica”. Para contrarrestar o gasto propoñen instalar luminarias de última xeración para acadar un aforro enerxético e axudar na loita contra o cambio climático e a contaminación lumínica, “o que fará, ademais, que a factura da electricidade sexa de menor contía”.

Con tal fin, suxiren tamén que, a maiores, se reduza o número de farolas do alumeado do paseo marítimo acesas durante a noite. A este respecto, Alfredo González propón que se programe un acendido a intervalos a partires das 01.00 horas no inverno e das 03.00 horas no verán “xa que son horas nas que a afluencia ao paseo é minoritaria ou nula, e non supón un trastorno para ninguén, pero si permitiría un aforro considerable dados os elevados prezos que están alcanzando as enerxías no mercado”. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.