O Correo de A Costa da Morte

Proxectan a mellora da estrada de O Lago a Cereixo

A actuación foi impulsada polos concellos de Muxía e Vimianzo // Solicitarán o apoio da Deputación

  • 23 feb 2021 / 13:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os Concellos de Muxía e Vimianzo veñen de encargar o proxecto para intervir na estrada que une Lago, en Muxía, e Cereixo, en Vimianzo. Ambas administracións reuníronse para concordar o equipo técnico ao que se lle encargará a redacción do mesmo, e que suporá “un paso moi importante para o devir desta obra e, consecuentemente, para a mellora infraestrutural que suporá para moitas e mmoitos veciños de ambos municipios”, sinalan.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, destaca “a relevancia de conxuntar forzas con outras administracións para acadar importantes melloras en Muxía, e este é o camiño para que a nova estrada de Lago a Cereixo sexa unha realidade”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo subliñar a “total disposición e coordinación de ambos grupos de goberno para poder levar a cabo unha mellora nas conexións intermunicipais, na que se primará tamén a seguridade viaria”, comenta.

Posteriormente, tratarase este tema coa Deputación, unha das institucións coas que se leva tratando o tema “xa varios meses”, sinalan.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.