O Correo de A Costa da Morte

Rematados os traballos de renovación do pavimento en dous viais de Xaviña

  • 16 abr 2021 / 07:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Camariñas rematou os traballos de renovación do pavimento en dous viais da parroquia de Xaviña: o camiño de Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara. O orzamento para estes traballos foi de39.592,19 euros, cofinanciados cunha subvención do Agader (a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) de 32.720,82 euros.

Os traballos incluíron a roza da maleza das cunetas así como a limpeza e perfilado das mesmas. Posteriormente, preparouse o firme a pavimentar estendendo unha capa de zahorra artificial sobre as zonas con fochancas para nivelar o firme e despois reasfaltar os camiños cunha capa de aglomerado asfáltico en quente. Nos dous camiños municipais tamén se construíron salvacunetas para facilitar o acceso a parcelas agrícolas existentes a ambos lados dos mesmos.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.