O Correo de A Costa da Morte

Rescatan a un veciño do Ézaro que caera na súa casa e non podía erguerse

  • 16 abr 2022 / 12:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os bombeiros do parque comarcal de Cee tiveron que rescatar a un home do Ézaro (Dumbría) ao que os veciños botaban en falta. Ao personarse na súa vivenda conseguiron falar con el dende o exterior, o cal lles dixo que non podía erguerse. Pouco despois chegou unha filla que tiña unha chave da casa, pero non poideron abrir a porta porque o home deixara posta outra chave por dentro.

Aproveitando que na parte traseira había una ventá aberta, os bombeiros entraron utilizando unha escaleira. Atoparon ao home deitado no chan, consciente e en aparente bo estado, pero dicía que se mareara e que non eran quen de erguerse.

Despois dos primeiros auxilios que lle prestaron no lugar os sanitarios do 061, foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee.

Ante o sucedido, os bombeiros recomendan ás persoas maiores que viven soas que cando fechen a porta non deixen a chave posta por dentro, para que no caso de que suceda algo así sexa máis doado acudir no seu auxilio.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.