O Correo de A Costa da Morte

Rexeitan no Parlamento a proposta do BNG para manter as oficinas bancarias

  • 07 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. O Parlamento de Galicia, cos votos en contra do PP, rexeitou a proposta do BNG para que se manteñan abertas as oficinas bancarias en Zas, Baíñas (Vimianzo) e Malpica de Bergantiños

O deputado nacionalista, Daniel Pérez asegura que o argumento esgrimido polo Partido Popular “de que o peche de oficinas se está a producir en todo o Estado, non implica que en Galiza, polas súas circunstancias, esta situación provoque maiores dificultades”.

No BNG, recalcou Daniel Pérez, “estamos moi preocupados polas consecuencias da decisión da Abanca e outros bancos e da influencia sobre as zonas rurais porque non son comparables ás das cidades”. Reiterou que os veciños e veciñas das localidades rurais “están sen servizos básicos e sen a atención bancaria que merecen e vostedes -en alusión ao PP- deben ter moi mala conciencia cada vez que nomeamos Abanca porque saben que a venta foi un auténtico pelotazo”.

Por outra parte, criticou a subvención a caixeiros onde non existan, orde que cualificou de lei “tramposa” porque está feita para cubrir “a carencia de caixeiros automáticos” naquelas zonas onde non existen pero en realidade representaba “unha ponte de prata para xustificar o peche de oficinas por parte das entidades bancarias e unha vez pechadas e eliminados os caixeiros automáticos xa podían acceder ás subvencións”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.