O Correo de A Costa da Morte

Sabela Gabo compartíu con escolares de Cee a contada ‘Noa no espello’

  • 19 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O auditorio da Casa da Cultura de Cee acolleu a contada interactiva Noa no espello a cargo da actriz e pedagoga Sabela Gago. Unha actividade que está encadrada no programa O Mes da Fundación, organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema, e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Asistiron un total de 75 nenas e nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria da Escola de Pereiriña, CEIP A Igrexa de Brens e CEIP Eugenio López de Cee.

O programa continúa o xoves 21 con Raquel Queizás e Caso pechado para alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Eugenio López e usuarios de Aspadex; o venres 22 coa conferencia Perdela razón polas formas do psicólogo Daniel Novoa, para alumnado de Bacharelato do IES Fernando Blanco, e o sábado 23, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Cee co monólogo de Avelino González Chistes que foron contos para público en xeral.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.