O Correo de A Costa da Morte

Satisfacción polos máis de vinte coches vendidos en Feirauto

A pesares da chuvia, ata Baio achegáronse compradores de toda a provincia

  • 21 jun 2021 / 19:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Baio. A corenta e sete edición de Feirauto, de Baio (Zas), pechou as súas portas cun balance moi satisfactorio para os talleres organizadores, xa que en só tres días, e a pesar da choiva, pecharon a venda de 21 turismos e furgonetas, e ao longo das vindeiras semanas “confirmaranse máis operacións”, afirmou Manuel Montes, un dos promotores da feira do automóbil.

Que Baio é un referente do sector quedou demostrado, unha vez máis, coa presenza de compradores e persoas interesadas en cambiar de coche chegadas non só dos concellos da Costa da Morte, senón tamén da Serra de Outes, Noia, A Coruña, Santiago e mesmo Melide, para onde irá un dos vehículos que vendeu Talleres M. Montes.

“A verdade é que estamos supercontentos coa resposta que tivemos, e pensamos que se non chovese tanto o domingo, os resultados aínda serían mellores”, engadiu.

Comprobaron ademais que a oferta de Feirauto responde á demanda do mercado actual, pois a práctica totalidade dos vehículos vendidos son seminovos ou dos chamados quilómetro cero. Entre as vendas pechadas non só hai turismos de gama medida, senón tamén un bo número de coches de gama alta.

Manuel Montes destacou que o formato de portas abertas, que adoptaron dende hai xa varios anos, está ofrecendo moi bos resultados, “pois ao recibir aos compradores nos nosos talleres o proceso é moito máis áxil, xa que moitas das operacións quedan tramitadas e formalizadas no mesmo momento”. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.