O Correo de A Costa da Morte

Segunda fase arqueolóxica no xacemento de Pedra do Altar, en Brandomil

  • 10 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Zas. A Fundación Brandomil comezou este xoves os traballos da segunda fase da intervención arqueolóxica no camiño de Pedra do Altar.

Estes días estanse a desenvolver os traballos de limpeza de entullos, así como dun vertedoiro incontrolado que existía no camiño das fincas propiedade da fundación. Logo procederase á limpeza da vexetación e a preparar o terreo para o paso do xeorradar a vindeira semana.

O obxectivo desta acción é delimitar o xacemento romano de Pedra do Altar. Posteriormente, no mes de agosto, dará comezo unha nova escavación arqueolóxica baixo a dirección de Lino Gorgoso. As primeiras prospeccións leváronse a cabo no verán do pasado ano. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.