O Correo de A Costa da Morte

Sempre Corcubión demanda a creación dunha residencia para maiores

  • 12 nov 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O grupo municipal Sempre Corcubión, a través dos concelleiros Alfredo González e David Silva, presentou unha moción solicitando o apoio da Corporación local para trasladar á Consellería de Política Social “a necesidade de crear unha infraestrutura pública e comarcal para dotar á zona de prazas de residencia de maiores”. Piden ademais que se dé traslado do acordo ao presidente da Deputación da Coruña.

Consideran que ante unha pirámide poboacional envellecida “é o momento de adiantarnos ás necesidades que isto conleva dotando a nosa contorna dos servizos necesarios”. A este respecto, sinalan que os concellos de Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Dumbría, Cee, Fisterra e Corcubión contan cunha poboación de “máis de 37.000 habitantes, dos cales o 30 % teñen máis de 60 anos, porcentaxe que se irá incrementando”.

Actualmente, segundo os datos que manexa Sempre Corcubión, hai 197 prazas en centros de Fisterra, Cee e Vimianzo, “o cal representa tan só o 7% da poboación maior de 80 anos, e desas prazas o 84% están xestionadas por empresas privadas”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.