O Correo de A Costa da Morte

Sempre Corcubión pide que se faciliten os trámites ante a administración

Denuncia que hai grupos de persoas que non teñen acceso ás xestións telemáticas

  • 26 feb 2021 / 13:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O grupo municipal de Sempre Corcubión, ante a imposición por parte da administración pública da tramitación telemática, incluída a solicitude de cita previa, denuncia que se “está deixando en situación de marxinalidade a parte das persoas por non posuír os coñecementos ou medios necesarios para levar a cabo a mesma. Faise imperante ofrecer a estas persoas unha solución acorde ás súas necesidades e características”, afirma o seu portavoz, Alfredo González.

Asegura que non se tiveron en conta as diferencias, tanto en coñecementos como en acceso á tecnoloxía, que existe dentro da sociedade. As reiteradas chamadas telefónicas “e as respostas dos fríos e impersoais contestadores deixa fóra de xogo a aqueles grupos de poboación que ou ben por descoñecemento ou ben por non posuír as ferramentas adecuadas fai tediosas e incluso converte nunha odisea poder solicitar unha simple cita previa. Noutros casos, acuden aos concellos, e se encontran coa paradoxa de que lles solicitan unha conta de correo electrónico cando nin sequera internet teñen”, engade.

Esta situación está provocando, segundo González, “unha situación de desamparo, marxinalidade e sentimento de impotencia a un gran grupo de persoas, especialmente entre os maiores e aqueles con menos recursos e coñecementos telemáticos”. Moitas destas persoas acuden a familiares, amigos ou xestorías, “pois ningunha administración pública lles ofrece unha solución”, denuncia.

Por todo isto, dende Sempre Corcubión, fan un chamamento ás administracións para que adopten os mecanismos necesarios de cara solventar estas carencias, “pois non existe unha sociedade homoxénea en canto a coñecementos nin recursos e a administración pública ten a obriga de estar ao alcance de todos e non só dunha parte da sociedade”, conclúe.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.