O Correo de A Costa da Morte

Sendas peonís para reforzar a seguridade no núcleo de Tufións

As obras comezarán na primavera e serán financiadas pola Deputación coruñesa

  • 19 feb 2021 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Deputación da Coruña acolleu este venres a sinatura do contrato das obras de construción de sendas peonís na estrada DP 1603 ao seu paso por Tufións, na parroquia de Cereixo (Vimianzo), adxudicadas por 385.674,30 euros.

O deputado do departamento de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, explicou que a Deputación activa así un proxecto que responde á demanda realizada no seu día pola alcaldesa de Vimianzo co obxecto de mellorar a seguridade nunha zona que conta con numerosas vivendas e parcelas de uso agrario e que actualmente carece de beirarrúas ou espazos seguros para o paso peonil.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resalta a que a construción das sendas peonís é “esencial para a mellora da seguridade viaria dos peóns ao poder camiñar sen invadir a calzada”. Apunta que ademais permitiralle á veciñanza “novas opcións para incrementar a mobilidade entre os núcleos”.

As obras, que comezarán a executarse esta primavera, céntranse no tramo que discorre entre os puntos quilométricos 2+850 e 3+480, onde se construirán sendas en ambas marxes da calzada, o que suporá unha importante mellora para a accesibilidade e seguridade dos habitantes deste núcleo, facilitando os seus desprazamentos sen necesidade de ocupar a calzada.

As sendas, de 1,80 metros de ancho construiranse con firme de mestura bituminosa estarán delimitadas con bordos prefabricados para separalas do tráfico rodado.

Tamén se actuará sobre o firme da estrada, renovando o seu acabado mediante a dotación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor, instalarase un novo sistema de recollida de pluviais para mellorar o drenaxe do vial e dotarase ao tramo de novo sistema de alumeado público, soterrando as liñas aéreas actuais e instalando 16 novas luminarias LED con soportes de 9 metros de altura, que mellorarán o alumeado da calzada e suporán un importante aforro enerxético.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.