O Correo de A Costa da Morte

Socialistas e populares fan valoracións opostas dos orzamentos

No PSOE falan de “abandono” da Costa da Morte e o PP de compromiso da Xunta

  • 30 nov 2020 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. O PSOE súmase ás críticas do BNG e denuncia que “o goberno de Feijóo abandona, un ano máis, á Costa da Morte cuns orzamentos que non apostan polo impulso das súas potencialidades”, afirma o deputado Marín Seco.

Advirte de que “as necesidades imperiosas en infraestruturas, servizos sociais, sanidade e educación” destas comarcas “non veñen contempladas no orzamento de 2021” e critica “uns investimentos menores para tratar de ocultar o abandono sistemático do PP aos cidadáns deste territorio”.

Seco afirma que “a este ritmo” a vía de alta capacidade da Costa da Morte “será unha realidade o século que vén”, e lamenta “a falla de actuación contra a inxusta peaxe da AG-55”, ao tempo que critica que a Xunta “esquece ao Hospital Virxe da Xunqueira”.

Pola contra, dende o PP resaltan o compromiso da Xunta. O concelleiro carballés e deputado autonómico Rubén Lorenzo tacha de “bochornoso o intento que o BNG está a realizar para confundir”.

Agradece os “máis de 2 millóns de euros” que se investirán en Carballo, resaltando os máis de 500.000 € que destinará a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a adquisición de equipamentos para educación infantil e primaria, o financiamento do banco de libros, do transporte escolar ou o comedor, “sen esquecer a partida extra para gastos provocados pola pandemia”. Asemade, engade, investiranse 400.000 euros na mellora da residencia da terceira idade. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.