O Correo de A Costa da Morte

Suspenden o mercado dominical de Cee e os actos do Entroido fisterrán

Cinco concellos da Costa da Morte estarán baixo restricións máximas un mínimo de tres semanas

  • 14 ene 2021 / 19:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. Os alcaldes e alcaldesas de Carballo, Camariñas, Cee, Laxe e Vimianzo, concellos sometidos ás máximas restricións debido ao COVID, mantiveron onte unha xuntanza telemática con responsables da Consellería de Sanidade, na que se lles informou de que as medidas, con indepedencia da evolución das cifras de casos nos vindeiros días, manteranse un mínimo de tres semanas, según a rexedora ceense, Margarita Lamela.

Ademais, a raíz da reunión e seguindo as instrucións das autoridades sanitarias, Lamela Louzán decidiu suspender o mercadillo dominical ceense. Esta medida implica tamén que os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados deberán permanecer pechados os domingos mentres persista a suspensión do mercado, dado que a súa apertura está vinculada á celebración deste.

A alcaldesa ceense confirmou ademais que os veciños de Dumbría e Corcubión, onde non hai supermercados, poderán desprazarse ata Cee para facer as compras de primeira necesidade, e tamén se permitirá que o faga a veciñanza de Fisterra para mercar produtos específicos, como alimentos para celíacos, dos que non dispoñen nos establecementos locais.

Na reunión tamén se ofreceron os datos de casos activos en cada un dos concellos sometidos ás máximas restricións. Vimianzo, con 138 positivos a día 14 de xaneiro (a maioría na residencia de maiores) é o máis afectado, seguido de Carballo, con 94 casos, Camariñas, con 74, Cee, con 41, e Laxe con 38.

No caso de Camariñas, a incidencia acumulada multiplica por seis os límites de alerta. Entre os afectados está a propia alcaldesa, Sandra Ínsua, que volveu dar positivo por segunda vez na proba PCR, polo que terá que seguir confinada. Pola súa banda, a concelleira Begoña Tajes deu negativo e incorporarase este venres ao seu posto de traballo, mentres que a edil Encarna Liñeiro, aínda que tamén recibiu a alta, terá que gardar corentena ata ter os resultados dunha análise serolóxica.

Fabián Canosa, outro dos concelleiros que deu positivo, debido á súa profesión terá que seguir confinado por protocolo, segundo sinalan dende o Concello camariñán.

Por outra banda, a concellería de Cultura de Fisterra anunciou onte que se suspenden todas as actividades do Entroido, o máis tradicional da Costa da Morte. Din que é unha decisión de “responsabilidade institucional”. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.