O Correo de A Costa da Morte

‘Trece luces na nosa costa’ na sala de mostras do faro de Vilán

  • 02 jun 2021 / 17:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Camariñas. Do 01 ao 30 de xuño a sala de exposicións do faro de cabo Vilán, que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, acolle a exposición de fotografía Trece luces na nosa costa, de Antonio Fernández.

Para este mestre xubilado, a fotografía foi unha afección tardía que empezou a practicar para complementar o tempo desta nova etapa da súa vida. Esta é a terceira exposición no seu haber e conta tamén con seis premios na súa traxectoria.

Nesta exposición Antonio Fernández trata de contar a historia dos faros da Costa da Morte, a súa función durante o tempo, e que hoxe coas tecnoloxías avanzadas instaladas nos barcos deixan de ser, ao mellor, tan necesarios, “pero alcanzan outra dimensión non menos importante como é un legado patrimonial para todos nós”, afirma.

O fío condutor dos mesmos, ademais do enclave no que están situados, é que as fotografías están feitas cunha técnica especial que aporta ás imaxes outra dimensión creativa e asombrosa, segundo sinalan dende a asociación empresarial camariñana. A mostra poderá visitarse de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.