O Correo de A Costa da Morte

Tres persoas feridas nunha colisión entre dous vehículos na AC-552 en Cee

  • 08 jun 2022 / 10:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Tres persoas tiveron que ser rescatadas na tarde do martes en Cee despois de colidir dous turismos na AC-552, entre os puntos quilométricos 87 e 88. Unha vez liberados, os feridos foron evacuados en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira polos profesionais sanitarios.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse preto das 19.00 horas, no lugar de Morancelle. Foi unha persoa particular quen chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda, posto que os ocupantes dun dos turismos amosaban dificultadas para abandonalo polos seus propios medios.

Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Cee co fin de prestar axuda aos afectados e facilitar a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais, contaron co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. Tamén, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos membros de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa intervención.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.