O Correo de A Costa da Morte

Veciños de Fisterra solicitan á Xunta que habilite unha partida para construir o centro de saúde

Dende a asociación de veciños piden tamén á Xunta a prolongación da autovía ata Cee

  • 15 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Fisterra. O presidente da Asociación de Veciños Costa da Morte, de Fisterra, Fernando Carillo, remitiu un escritó ao presidente da Xunta solicitándolle que se consigne unha partida orzamentaria para a construción dun novo centro de saúde na vila do Cristo.

Lémbralle que o Concello xa dispón do chan necesario ao quedar aprobado, de xeito definitivo, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a principios de agosto. O colectivo veciñal xa pediu ao Concello que faga a cesión dos terreos á administración autonómica.

Dende a asociación pídenlle tamén á Xunta que elabore un proxecto de desenvolvemento integral para a Costa da Morte, e que se someta a adxudicación a construción da segunda fase da autovía, entre Baio (Zas) e Berdoias (Vimianzo), “e que se programa a súa continuación ata Cee, ademais da variante ao porto comercial de Brens”, sinala Carrillo Ugarte.

Por outra banda, tamén lle solicitan á administración autonómica que se dote de instalacións náutico-deportivas aos portos de Laxe, Fisterra e Corcubión.

José Fernando Carrillo lembra que todos estes proxectos xa figuraban no Plan Galicia presentado despois da catástrofe do petroleiro Prestige pero, a día de hoxe, aínda seguen pendentes de execución. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.