O Correo de A Costa da Morte

Vimianzo amplía a rúa Gándara de Osa ata o cruce cara Sansobre

Habilitaranse prazas de aparcamento e unha beiravía para os peóns no segundo tramo

  • 13 feb 2021 / 17:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. O Concello de Vimianzo investirá máis de 200.000 euros no proxecto de mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa. Actuarase entre a estrada AC-552 e o cruce cara Sansobre.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; a dirección técnica e a empresa adxudicataria acudiron este sábado ata o lugar para formalizar a acta de replanteo dun proxecto que xa comeza.

Dotarase a esta vía dun novo firme, ensanchándoo de xeito que quede composto por dous carrís de circulación con zona de aparcamento e beiravía peonil nunha das marxes e nun dos tramos, así como da instalación de evacuación de pluviais e unha rede de alumeado público.

Tamén se plantexa o soterramento do cableado en dous dos tramos da actuación, así como a construción dunha beiravía peonil no segundo tramo da actuación, a partir do primeiro cruce. Realizarase o recrecido de arquetas e bocas dos outros servizos existentes.

Desde o grupo de goberno, recálcase a “relevancia destes traballos, que servirán para mellorar as conexións dos núcleos de Vimianzo, así como para dotar de mellores servizos á veciñanza. Seguimos neste camiño para mellorar as 14 parroquias”. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.