O Correo de A Costa da Morte

Vimianzo renovará todo o alumeado municipal

  • 27 feb 2021 / 13:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Vimianzo dá un paso máis para levar a cabo o proxecto de renovación das instalacións de alumeado e sinalizacións exteriores de todo o municipio cun proxecto que ascende a 2,3 millóns de euros, grazas á subvención acordada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). A entidade aportará o 80% do orzamento e a administración local o restante 20% (472.473,70 euros).

O Concello está agardando a derradeira autorización por parte de Patrimonio, para iniciar o proceso de licitación. Conseguirán así un aforro de máis do 50% para as arcas municipais no que respecta á facturación deste servizo, implementándose a tecnoloxía LED, máis eficiente e con menor impacto ambiental. Cabe destacar que estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo sinalar que “suporá un antes e un despois na nosa factura”, e polo tanto na de toda a veciñanza, ademais de significar un cambio radical na mellora lumínica e, vencellado a isto, da seguridade viaria nas 14 parroquias de Vimianzo.”

Renovación de máis de 4.010 puntos de luz

Logo das máis de 300 bombillas que xa se instalaron no núcleo urbano de Vimianzo, este proxecto implicará a renovación de máis de 4.010 puntos de luz nos 133 lugares do municipio. Realizarase unha intervención por fases ata completar os espazos nos que exista alumeado público.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.