O Correo de A Costa da Morte

Vimianzo xa ten borrador do proxecto de mellora da vía de Caxadas a Baíñas

  • 24 oct 2020 / 17:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Terra de Soneira. O deputado provincial de Obras, José Manuel Pequeño, presentou onte ao goberno local o primeiro borrador do proxecto de mellora da estrada que une os núcleos de Caxadas e Baíñas. No acto participou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, y varios ediles. O proxecto, financiado pola Deputación, contempla unha mellora integral da vía nos máis de 4,5 quilómetros cos que conta, e construirase unha senda peonil de case dous quilómetros de longo entre Caxadas e Castrelo. Estudan tamén a posibilidade de ampliar ou substituír a ponte existente en torno ao punto quilométrico 1+580. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradece á Deputación “o seu compromiso con Vimianzo de maneira xeral, e particularmente cunha intervención tan sensible como o é esta, coa que melloraremos a seguridade”. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.