O Correo de A Costa da Morte

Zas pon en valor a artesanía do liño

Unhas xornadas serviron para resaltar a economía circular xerada arredor desta prezada planta // Moda, gastronomía e música complementaron a cita nas Torres do Allo

  • 26 jul 2022 / 10:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Máis de cento cincuenta persoas participaron nas xornadas O liño. Economía Circular, organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Asociación Amigos do Liño, e que tiveron como marco As Torres do Allo.

Os actos comezaron cunha demostración en vivo sobre o proceso de elaboración do liño: tascado, rastrelado, fiado, ensarillado... e continuaron cun ciclo de conferencias. Rosa María Sánchez Martínez avaliou O futuro na volta ás orixes; Jorge Mira Pérez disertou sobre O liño na Costa da Morte como elemento de cohesión social e cultural; e Ricardo García Mira sobre O liño tradicionalmente contemporáneo.

Ao acto sumáronse tamén Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña; o alcalde de Zas, Manuel Muíño; o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entre outros.

As xornadas complementáronse cun desfile de moda de liño con cores e flores; o concerto de Antía Muíño; o sorteo dun mantel, un bolso e unha bufanda de liño; e unha degustación de troita rebozada, bocadiños de bacallau, empanadillas, tortilla, pan de liño, papas de arroz e bebidas varias. A xornalista Mónica Martínez foi a encargada de presentar as xornadas, enmarcadas no programa cultural posto en marcha pola área de Cultura do Concello de Zas para este verán.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.