O Correo de Arousa

O Concello de Vilagarcía examina as árbores do parque Celso Emilio Ferreiro

Avalía os posibles riscos de caída de polas neste parque público

  • 16 nov 2020 / 18:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os controis que se realizan de forma periódica nos parque públicos do Concello de Vilagarcía para previr riscos relativos á caída de árbores chegaron esta semana ao Parque Celso Emilio Ferreiro. A Concellería de Medio Ambiente someteu a exame os exemplares de maior porte e antigüidade desta área de esparexemento situada a carón do río Con. Para coñecer o estado real da saúde destas árbores, solicitouse a colaboración da Estación Fitopatolóxica do Arreiro, dependente da Deputación Provincial, que dispón de persoal e material específico para realizar os estudos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, xunto con persoal do departamento municipal de Xardíns e os técnicos de Areeiro visitaron o parque de Celso Emilio Ferreiro en dúas ocasións. Na primeira realizaron una inspección preliminar para comprobar o estado dos grandes salgueiros (sauces choróns) situados no paseo do río e outras árbores da contorna, e ver si presentaban signos aparentes de deterioro o de enfermidade. Para acadar un maior grado de concreción decidiuse realizar unha proba para determinar o estado interior dos troncos, para o cal, na segunda visita, utilizouse un resistófrafo, un aparato que vai medindo a resistencia que ofrece a madeira ao introducir no seu interior unha broca larga e fina. O estudio das densidades do tronco permite saber si presenta cavidades baleiras ou si a madeira está rebrandecida por dentro froito de podremia ou dalgunha enfermidade que debilita á árbore.

Os resultados das medicións tomadas co resistógrafo serán avaliados polos técnicos de Areeiro, que remitirán o correspondente informe ao Concello. En función destes resultados a Concellería de Medio Ambiente terá a información precisa para saber si as árbores están sans e non supoñen risco algún ou, en caso de presentar algunha afección, determinar o tipo de actuación a realizar, mediante a aplicación de tratamentos ou podas selectivas ou, nos casos de maior gravidade, proceder á tala.

Tema marcado como favorito