O Correo de Arousa

Obras na casa consistorial de Vilanova para acabar coas humidades e mellorar a eficiencia enerxética

Cambiaranse fiestras e caldeira, ademais da impermeabilización e novo revestimento da fachada sur, onde se localiza a Policía Local

  • 05 oct 2020 / 15:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Manos á obra en Vilanova de Arousa, co obxectivo de rematar cos problemas de humidades que viña arrastrando a casa consistorial, concretamente a súa fachada sur, así como mellorar a eficiencia enerxética do edificio “para que os veciños cando veñan estén nas mellores condicións posibles”.

Así o indicou, Nuria Morgade, concelleira de Urbanismo do goberno local de Gonzalo Durán que anunciou na mañá de hoxe a realización destas obras de acondicionamento que, está previsto, arranxen os problemas de humidades que viña arrastrando a Policía Local. “Un arranxo que xa viñan pedindo os axentes, os veciños, e mesmo tamén o ten comentado a oposición”, como explicou Morgade. Problemas concentrados na fachada sur, “cuxo forxado permitía a entrada da humidade, perceptible tamén na Oficina de Rexistro. Para solucionalo, meteuse unha impermeabilizavión, e se vai a arreglar o revestimento para que xa quede en condicións”, anunciou a edil encargada de Urbanismo.

Non será, a única renovación que se acometa no Concello vilanovés, e é que “o edificio é moi antigo, e iremos pouco a pouco, acondicionando as instalacións municipais para darlle o mellor servizo aos veciños”. Neste senso, ademais do arranxo das humidades, o goberno local vilanovés cambiará as fiestras e a caldeira do edificio, o que permitirá tamén mellorar a eficiencia enerxética da casa consistorial, xa que a antiga caldeira de gasoil substituirase por unha de gas natural, e a permuta das fiestras mellorará a estanquidade do edificio.

Esta obra conta cunha axuda da Consellería de Presidencia por valor de 31.700 euros, achegando o Concello a parte restante do total orzamentado para esta actuación, que ascende a 45.000 euros.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.