O Correo de Arousa

Os sectores residenciais e o transporte son os responsables do 72% das emisións en Sanxenxo

O goberno local levará mañá ao pleno a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía, centrado na adaptación dun plan conta o cambio climático // Na mañá de hoxe quedou inaugurado o novo xogo

  • 26 nov 2020 / 18:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Sanxenxo emitiu, en 2019, 39.587 toneladas de CO2 á atmósfera sendo os sectores residenciais e o transporte os responsables do 95% do consumo de enerxía e o 72% das emisións. Estes son os resultados acadados polo goberno local que dirixe Telmo Martín tras calcular a pegada de carbono da localidade, co obxectivo de coñecer cal é o punto de partida da vila para o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (Paces) cuxa aprobación será levada a cabo mañán en sesión extraordinario.

Para o cálculo tomáronse como referencia os datos de consumo de 2019. Tendo en conta seis sectores que teñen que ver co consumo de enerxía (edificios municipais e residenciais, parque móbil municipal, transporte público, transporte privado e produción-consumo de enerxía renovable) e dous sectores relacionados co consumo de enerxía (emisións propias do tratamento de lixo e das augas residuais).

O Paces permitirá nun horizonte de dez anos reducir as emisións de CO2 e de gases de efecto invernadoiro nun 40%, así como contar cun plan de adaptación contra o cambio climático. O Concello adheriuse o 28 de xaneiro de 2019 ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía no que participan 10.381 autoridades locais e rexionais e implica a máis de 320.000 habitantes.

Conseguir estes obxectivos co desenvolvemento do Paces tern un custo total de máis de 74 millóns de euros dos que 14.179.522 euros supoñerán un esforzo tanto público como privado, contando, sempre con recursos públicos complementarios de ámbito provincial, autonómico, estatal e europeo, e a mobilización de recursos privados, especialmente os procedentes do sector residencial. A estratexia alíñase co Pacto Verde Europeo, a Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa e a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050. Así se reducirá ao mínimo o impacto financeiro da implementación desta estratexia.

A sesión que se celebrará mañá ás 9:30 horas por streaming permitirá dar luz verde ao plan que inclúe un inventario de emisións de referencia, avaliación de riscos e vulnerabilidades fronte ao cambio climático, fórmulas de redución de emisións e de adaptación ao cambio climático, así como medidas contra a pobreza enerxética. Cada dous anos, desde a aprobación do Paces, o Concello presentará informes de seguimento que dean conta da marcha da implementación das medidas.

NOVO “XOGO ESTRELA” EN PUNTA VICAÑO. O parque de Punta Vicaño conta dende esta mañá cun novo xogo de rede con tobogán, listo para o seu uso cando se levanten as restricións sanitarias e sexan reabertos os espazos de xogo infantís no municipio. Dende o Concello destacan que “a estrutura permitirá aos maiores de seis anos estar en contacto con a natureza, practicar exercicio e traballar a coordinación, o equilibrio e a seguridade”. O xogo combina unha estrutura de rede escaladora con tobogán e unha base con céspede artificial sintético de 94 m2. A estrutura lúdica supuxo un investimento de 49.893 euros, no que a Xunta aportou o 70%.

Con esta dotación na zona de xogo infantil busca o goberno local de Telmo Martín responder á demanda dun parque con gran afluencia de público e completa as últimas obras de mellora executadas en Punta Vicaño que contaron cun investimento de 88.298 euros do Fondo de Compensación Ambiental dependente da Vicepresidencia da Xunta.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.