O Correo de Arousa

Piden 9 anos de prisión para un home por intento de homicidio nun bar vilagarcían en 2017

Segundo o Ministerio fiscal, o acusado atacou cun machete e un cuchillo a outro home presente no local // O xuízo terá lugar mañán ás 10:15 horas na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra

  • 21 sep 2020 / 12:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Ministerio fiscal demanda nove anos de prisión para un home que está acusado de intentar matar a outro atacándolle cun machete e un coitelo despois de que ambos mantivesen unha discusión nun bar do barrio vilagarcián do Piñeiriño.

A Fiscalía observa, nos feitos acontecidos na madrugada do 20 de xullo de 2017, un delito de homicidio en grado de tentativa. Segundo reproduce o fiscal no seu escrito de acusación, o acusado arremeteu contra a vítima “co propósito de acabar coa súa vida”.

O incidente tivo lugar hora e media despois de que ambos homes tivesen un enfrontamento verbal. Foi ese o momento no que o acusado abandonou o local para “proverse de instrumentos para facilitar o seu propósito delitivo”, regresando despois ao local cun machete e un cuchillo. Con eles dirixiuse cara o outro home ao grito de “a ti te voy a matar”, unha vez a súa altura elevou o machete e intentou golpearlle con el na cara. Non obstante, non o logrou pois a vítima “instintivamente” colleu como escudo para defenderse. Chegando este machetazo a impactar co seu antebrazo esquerdo.

Xusto despois, continúa o relato do fiscal, o acusado tentou cravarlle o coitelo no abdome, pero a vítima agarrou a arma coa man. Este movemento evitou que llo cravase, pero produciulle cortes en tres dos dedos dunha man.

Finalmente, foi a propia vítima quen conseguiu reducir ao seu agresor e quitarlle as dúas armas, reténdoo no bar ata que chegou a Policía e o detivo.

O acusado, segundo recoñece o fiscal, padece un trastorno mental e de comportamento debido ao consumo de alcol. No momento dos feitos estaba bébedo, condición que diminuía as súas capacidades cognitivas e volitivas e que afecta como circunstancia atenuante.

Ademais da pena de cárcere, a Fiscalía solicita para o acusado, que ten en vigor unha orde de afastamento desde o momento da agresión, non poida achegarse á vítima durante cinco anos, a contar desde a súa saída de prisión.

Polas lesións que produciu a agresión na vítima, o fiscal esixe que o acusado lle indemnice con 10.589 euros, ao que debe engadir os danos ocasionados no bar no que tivo lugar o incidente, de 240 euros.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.