O Correo de Arousa

Recuperados os bancos LGTBI tralo acto vandálico perpetrado por un grupo de menores que se xactaban nas redes sociais de “limpar Cambados”

Foi precisamente o seu afán por acadar audiencia o que lles permitiu aos axentes da Policía Local identificar aos rapaces // A rexedora non se mostra partidaria de imporlles unha multa posto que “dese modo, sempre acaban pagando os pais”

  • 12 oct 2020 / 17:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A salvo, en bó estado e custodiados nunha nave de Protección Civil. Así se atopan os bancos instalados polo Concello de Cambados o pasado venres, fronte ao auditorio da Xuventude e na praza de Ramón Cabanillas, co obxectivo de concienciar á poboación sobre o respeto á diversidade sexual e de xénero. E é que durante o pasado fin de semana, ambos escanos foron arrincados por un grupo de menores que non dubidou en proclamar as súas xestas a través das redes sociais, baixo o sintomático lema de “limpiando Cambados”.

Precisamente, foi este afán por acadar audiencia o que lles permitiu aos axentes da Policía Local cambadesa identificar aos rapaces, de entre 14 e 15 anos, todos eles residentes nun concello veciño.

Os bancos serán recolocados ao longo desta semana, coa volta á actividade tras a ponte dos traballadores do obradoiro de emprego. “Volverán a fixalos no chan, esta vez, dun xeito máis seguro para que non poidan ser arrincados novamente”, apuntou a alcaldesa Fátima Abal.

A rexedora da vila arousá explicou ademais que non é partidaria “de poñerlles unha multa, nin unha denuncia a vexo moi factible”, e é que como cavila Abal, “dese modo, sempre acaban pagando os pais”. Deste modo, indicou que o Goberno local tratará de artellar, a través do seu Centro de Información á Muller, algún tipo de mecanismo alternativo, como que os rapaces acudan a colaborar na recolocación das bancadas ou que reciban algún tipo de charla formativa sobre igualdade nos seus institutos que, dada a súa residencia, non se ubican na vila cambadesa.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.