O Correo de Arousa

Silleda e Lalín saen da lista de concellos con restricións e entran Sanxenxo e Meis

Manuel Cuíña agradece o seu esforzo aos veciños e chama aos silledenses a non baixar a garda // Telmo Martín, pola súa banda, ten anunciado xa un aumento do control policial para garantir o cumplimento das novas medidas

  • 30 sep 2020 / 16:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os concellos arousáns de Sanxenxo e Meis súmanse desde a medianoite do xoves ás localidades con restricións extraordinarias para combater o avance da pandemia, un listado do que conseguen saír Lalín e Silleda após dúas semanas incluídos. A mellora da incidencia epidemiolóxica nestes quince días motivou a súa saída. Pola súa banda, os municipios do Salnés, Sanxenxo e Meis pasan a ter medidas extraordinarias, despois de que concellos da comarca como Vilanova ou Vilagarcía entraran no listado e do importante gromo orixinado na explotación avícola Avigal na que se detectou un gromo con máis dun centenar de casos de covid-19.

Así o ditou a Consellería de Sanidade este mércores após a reunión do comité clínico para a xestión da pandemia, que tamén acordou limitar a cinco persoas as reunións permitidas en Ourense, cidade na reforzarase o control e a vixilancia con patrullas da Policía Autonómica.

Ademais, a Administración galega levanta as restricións tamén na Coruña e Vilaboa, que saen da lista de concellos con medidas extraordinarias na que se manteñen Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e a localidade do Milladoiro, en Ames.

Deste xeito, súmanse ás localidades con restricións especiais –aforamentos ao 50%, prohibido o consumo en barra ou limitacións nas reunións a dez persoas–, ademais dos concellos de Sanxenxo e Meis da comarca do Salnés, o Barco de Valdeorras, municipio ourensán no que se rexistraron varios brotes nos últimos días.

As medidas, pendentes de detallar nunha orde extraordinaria no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor a partir da medianoite deste xoves e serán revisadas dentro dunha semana.

Desde o xoves tamén quedan prohibidas as reunións de máis de cinco persoas “tanto públicas como privadas” en Ourense ante a incidencia da pandemia na cidade e a constatación por parte do comité clínico de que “as reunións familiares e sociais están a ser a orixe da maior parte dos contagios”.

REACCIÓNS. Dende o concello de Silleda, onde cesan as restricións, falou o seu alcalde, Manuel Cuíña que agradeceu “expresamente á toda a veciñanza de Silleda que sabemos fixo un esforzo nestas semanas para conseguir mudar a situación e evitar a propagación do virus”, explicou. Precabido, o socialisto quixo facer un chamamento aos veciños a non baixar a garda e “evitar –deste xeito– que se produzan novos gromos de covid, que segue aí e coa que temos que aprender a convivir na chamada nova normalidade”, engadiu.

Pola súa banda, Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo anunciou xa un reforzo do control e vixiancia policial dos espazos públicos co obxectivo de garantir o cumplimento das novas medidas que entrarán en vigor a partir da madrugada do xoves. Martín comentou esta tarde que “Sanxenxo ten 34 casos activos a día de hoxe. Non é unha cifra excesivamente alta, pero aínda así as autoridades sanitarias consideran convinte a aplicación de restricións. Estou seguro que estas medidas e a responsabilidade que demostrou Sanxenxo ata agora nos últimos meses permitirán reducir os casos de xeito significativo”, asegura el alcalde, Telmo Martín.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.