O Correo de Barbanza

A exposición do Premio Luís Ksado, en Outes ata o 30

  • 27 abr 2022 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Outes. A casa da cultura de Outes acolle, dende o 21 ata o día 30 de abril, a exposición do 15º Premio de creación fotográfica Luís Ksado.

A mostra está composta por “fotografías inspiradoras que nos convidan a reflexionar, que nos axudan a coñecernos e recoñecernos no mundo. Todas estas imaxes, dende a mirada artística dos seus autores, exploran unha serie de xeografías sociais e emocionais do noso mundo actual. Pasando dende a crítica e a denuncia ata á homenaxe, a sensibilidade e o respecto”, indicaron dende o departamento de Cultura de Outes.

O traballo premiado nesta edición trátase dunha laboura de fotoxornalismo comprometido, no que o autor plasma imaxes ás que dota dun contido documental do que está a ocorrer coa problemática dos refuxiados. Así pois, a reportaxe premiada Atrapados ás portas de Europa amosa a capacidade da narración visual con fotografías de grande calidade técnica ao servizo da súa temática.

A exposición permanecerá ao dispor do público ata o vindeiro día 30. Durante este período pódese visitar en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Agás o sábado, que só abre en horario de mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.