O Correo de Barbanza

A Feiriña reunirá corenta postos en Outes o día 20

  • 13 ago 2022 / 15:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Outes. A rúa da Capela, na Serra de Outes, volverá acoller o vindeiro sábado 20 a terceira edición de A Feiriña, organizada polo Concello en colaboración co comercio local.

A rúa encherase con preto de 40 postos ao aire libre nos que se poderán mercar bens de todo tipo. Haberá negocios que van dende roupa ata confección, agasallos, artesanía, produtos do agro e gastronómicos e mesmo automoción e maquinaria.

A apertura da feira está prevista para as 11.00 horas; ás 12.30 terá lugar unha actuación dirixida ao público infantil e familiar co espectáculo Pallaso total. Ás 13.30 horas haberá sesión vermú animada polo grupo de música latina Habana Café Son. E ás 21.00 horas actuará o grupo Os Piñeiros Band, que traerá ritmos pop e rock dos anos 70, 80 e 90. Ademais, sortearase un xantar ou unha cea para dúas persoas entre quenes merquen e consuman nos locais participantes.

O alcalde de Outes, Manuel González, convida á veciñanza da comarca e ás persoas que visitan este verán a localidade a desfrutar deste evento que mestura comercio, gastronomía e música para todos os públicos. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.