O Correo de Barbanza

de Lousame

  • 17 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. Un total de vintecrato nenos e nenas participaron onte pola mañá na XIX Festa do Galego do Concello de Lousame que, por mor das inclemencias climatolóxicas, tivo que trasladarse da Praza do Concello á casa da cultura. Isto supuxo tamén a suspensión da actuación de animación de rúa Os velocíclopes, de Fantoches Baj.

Segundo explicao o Concello, no seu lugar, a rapazada lousamiá e as persoas acompañantes desfrutaron tanto dos obradoiros culturais de Infantilandia como da exposición Aquela nena de Sarria, dedica da a Xela Arias, figura sobre a que xiran as celebracións do Día das Letras Galegas de 2021.

Así mesmo, no auditorio da casa da cultura da localidade tivo lugar a actuación da piscadiscos infantil Mari Faltri. Vogalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, Faltri brindoulles á rapazada de Lousame unha escolla da mellor música infantil galega para que non pararan de cantar e de bailar. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.