O Correo de Barbanza

A licitación as obras do vial dende Portela ata Seixido

  • 06 sep 2022 / 19:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. O Concello de Lousame vén de sacar a licitación, por procedemento aberto e ordinario, as obras de mellora do camiño de Portela a Seixido por un importe de 65.814,61 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen ata as 23.59 horas do vindeiro 20 de setembro para presentaren as súas ofertas.

A actuación consiste na mellora e ancheamento da capa de rodaxe dun viario de 750 metros de lonxitude e 3,5 metros de ancho entre as localidades de Portela (Tállara) e Seixido (Lousame), que discorre en paralelo á DP-4201. Así, o proxecto inclúe o arranxo previo de fochancas na pista e a mellora da seguridade viaria mediante a ampliación do seu ancho nun metro, pasando así o camiño a ter 4,5 metros de ancho. A capa de rodadura será mellorada mediante a aplicación de seis centímetros de aglomerado en quente.

Así mesmo, procederase á limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe da pista, que contará con nova sinalización viaria tanto horizontal, co pintado de liñas en bordes e símbolos, como vertical, coa colocación de dous sinais de Stop. As obras están incluídas no POS+ 2022 da Deputación. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.