O Correo de Barbanza

A Marea demanda a construción dun centro de día para o municipio de Noia

  • 17 mar 2022 / 19:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia vense de tramitar unha solicitude á alcaldía, na que se pide ao rexedor noiés que solicite a construción dun centro de día ao considerar “que se cumpren todos os requisitos solicitados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”, sinalaron.

Este plan, explicaron dende a formación local, “está acordado pola FEMP e pola Xunta de Galicia e dá preferencia aos concellos con menos de 20.000 habitantes, como é o caso de Noia”.

Tamén destacan que o municipio continúa sen centro de día “a pesar de existir unha demanda continuada”, e afirman que os veciños de Noia “son plenamente conscientes da súa necesidade”.

Por este motivo, dende a Marea Cidadá piden ao goberno municipal que tramiten a solicitude para a súa construción “ca maior brevidade, e poñan así fin a un dos grandes problemas” que ten a poboación noiesa. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.