O Correo de Barbanza

A Marea demandará no pleno melloras no servizo de axuda no fogar do municipio noiés

  • 21 ene 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Noia. A Marea Cidadá de Noia demandará no próximo pleno a aprobación dunha moción en favor das reclamacións das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF), así como no servizo en Noia.

“Ao longo da pandemia, puidemos comprobar a importancia que este servizo ten na vida de tantas e tantas persoas (máis de 25.000 usuarias), moitas das cales poden chegar ao final dos seus días rodeado das súas xentes queridas grazas a estas traballadoras”, aseguraron dende a citada formación.

Sen embargo, apuntan dende A Marea, “a súa importancia contrasta, porén, ca súa situación no ámbito laboral: falamos de traballadoras precarias que, de acordo ca Carta Social da Unión Europea, non cobran un salario digno”.

Por todo, o partido vai solicitar a aprobación dunha moción que incluirá “tanto unha mostra de apoio pública ás reivindicacións expresadas por este sector”, como o compromiso “de iniciar un estudo sobre a posibilidade de municipalizar a xestión do servizo”, indicaron. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.