O Correo de Barbanza

A patronal de Boiro vendeu xa case 9.000 Bonos Regalo

Teñen moito éxito como sistema de agasallo de empresa e van en caixas que poden personalizarse

  • 04 nov 2022 / 15:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. A patronal de Boiro vendeu no que vai de ano Bonos Regalo por un importe total de 8.815 euros. Trátase dun distema de vales que se poden utilizar para agasallar en calquera momento nos establecementos adheridos á entidade empresarial.

Con vistas á época do Nadal, a patronal puxo en marcha unha campaña publicitaria para animar ás empresas a utilizar este bonos para o tradicional aguinaldo que ofrecen ós seus empregados.

Os bonos consisten nunhas caixas personalizadas que inclúen vales de compra de 5 € e un listado de todos os negocios nos que se poden gastar. Dentro vai tamén un código QR co que se pode descargar ou consultar o listado no teléfono móbil, a tablet ou o PC.

O cliente ou empresa pode elixir de que cantidade merca o bono, sempre en múltiplos de 5 €. Tamén se poden adquirir os bonos sen a caixa para complementar as cestas de Nadal e mesmo se ofrece a posibilidade de personalizar a caixa ca imaxe corporativa da empresa (con custe adicional). Cando se recibe o regalo só hai que utilizar os vales como se foran billetes en calquera dos preto de 200 establecementos asociados que xa veñen indicados no listado.

Loxicamente, non se poden facer devolucións de efectivo e os vales non teñen caducidade para gastalos. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.