O Correo de Barbanza

A Pobra amosa con cen fotografías a vinculación da vila co mundo do mar

  • 18 jul 2022 / 14:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A POBRA. Máis dun cento que fotografías conforman a exposición A vila pobrense, as súas xentes e... o mar, na cal se ofrece un repaso polo vínculo da localidade co mar dende distintas perspectivas. Enmarcada na programación dunha nova edición da Semana do Mar, a mostra pode visitarse na Casa Mariñeira. Trátase de imaxes antigas e contemporáneas que poñen en valor a relación da Pobra co mundo marítimo a nivel social, económico, cultural e xeográfico, ademais de homenaxear a aquelas persoas que fixeron medrar a vila a través do seu traballo no medio mariño. A concelleira de Turismo, Charo Varela, agradeceu a implicación da veciñanza por ceder as imaxes que compoñen esta mostra na que se reflexa a actividade na pesca de baixura e nas conserveiras, así como dos mariñeiros en alta mar. A exposición pode verse ata finais de mes. S. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.