O Correo de Barbanza

A Pobra apoia a conciliación cun servizo de mañá e de tarde

  • 19 oct 2022 / 15:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. A concellería de Igualdade da Pobra dá un paso máis en materia de igualdade fomentando a conciliación polas mañás e polas tardes. Trátase do Espazo de Coidados Corresponsables, un servizo municipal de balde e aberto a todas as familias da Pobra que o requiran.

Este servizo ofrécese de luns a venres, pola mañá e pola tarde, ademais de nas fins de semana con Pequetroula. Dita iniciativa comezará a funcionar a partir da próxima semana, de luns a venres, de 16.45 a 20.45 horas, no CEP Salustiano Rey Eiras.

Durante ese tempo, a rapazada de 3 a 12 anos asistirá a obradoiros de lectura, labores manuais ou xogos cooperativos, entre outras propostas con perspectiva de xénero.

Nos vindeiros días entregaráselle ao alumnado dos centros educativos un díptico informativo que xa leva incorporada a folla de matrícula.

O documento deberase entregar cuberto no departamento de Igualdade do Concello ou ás monitoras do servizo Madruga e do comedor.

Ofértanse 60 prazas. Se a demanda supera esta cifra, daráselles prioridade ás familias cun menor nivel de renda e terán carácter prioritario as vítimas de violencia de xénero en todas as súas manifestacións; monoparentais; aquelas en que as dúas proxenitoras ou os dous proxenitores traballen; mulleres en situación de desemprego para realizar accións formativas e busca de emprego; coidado de dependentes; e mulleres maiores de 45 anos. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.