O Correo de Barbanza

A Pobra completou as tres campañas sobre compostaxe doméstica

O venres rematou a terceira cunha charla informativa dirixida aos novos participantes

  • 09 jul 2022 / 19:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. Ao abeiro da terceira campaña do programa de autocompostaxe en vivendas unifamiliares, a concellaría do Medio Ambiente da Pobra, da cal é titular a edil Genoveva Hermo, organizou unha charla formativa dirixida ás dúas novas ducias de fogares participantes sobre o uso dos composteiros individuais dos que xa dispoñen.

O coloquio desenvolveuse o pasado venres no teatro cine Elma, e correu a cargo dun biólogo ambiental de Ventos Estudos Ambientais, quen asumirá o seguimento do proceso da compostaxe. Esta terceira remesa estivo financiada cunha subvención de 13.630’63 euros da cal resultou beneficiaria a administración local, enmarcada nas axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2020, que coas liñas de compostaxe pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan estatal marco de xestión de residuos (Pemar).

Complétanse así as tres campañas co reparto de 160 colectores. O obxectivo é fomentar a sustentabilidade na xestión da materia orgánica na orixe, cuestión que redunda en beneficios medioambientais e económicos. m. c.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.