O Correo de Barbanza

A Pobra festexará o Día do Orgullo cun desfile animado con batucada

  • 15 jun 2022 / 15:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A POBRA. O vindeiro martes 28 festéxase o Día do Orgullo, ao cal se suma o Concello da Pobra para contribuír a dar visibilidade ao colectivo LGBTI+, ademais de sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. Os edís de Igualdade, Charo Varela, e de Mocidade, José Andrés Lojo, presentaron un programa que se focalizará na xornada do sábado 25 cunha vertente reivindicativa e lúdica. As actividades darán comezo ás 21.00 horas cun desfile amenizado pola batucada Bloquinho Aperta, que partirá da Praza do Emigrante ata o Concello para dirixirse deseguido á Praza Alcalde Segundo Durán, onde a música correrá a cargo de Disco Móvil Chocolate ás 22.30. Anímase ós veciños a colgar as súas fotos nas redes sociais co cancelo #OrgulloAPobra2022. S. S.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.