O Correo de Barbanza
A Pobra programa este verán doce espectáculos para o público familiar
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
A POBRA. O Concello da Pobra organizou un ciclo de espectáculos para público familiar no marco do programa Verán Cultural. Trátase dunha ducia de representacións de balde que se desenvolverán en xullo e agosto. Todos eles transcorrerán a partir das 20.30 horas, no Cantón da Leña, agás o do día 5 de agosto, que será nunha praia e en varias rúas. As prazas cubriranse por orde de chegada. Conticánticos estreará o cartel o vindeiro día 13 ca función Os Trotasongs, aparecendo en escena na súa nave para compartir co público a maxia da maleta en que gardan as cantigas que recollen nas súas viaxes temporais. s. s.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.