O Correo de Barbanza

A Pobra reúne nun foro a expertas en matemáticas, enxeñaría agrónoma e medicina

  • 02 feb 2023 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o día 11, A Pobra celebrará a oitava edición das Xornadas Muller e Ciencia, que contarán ca participación de expertas no ámbito das matemáticas, a enxeñaría agrónoma e a medicina.

O foto pretende poñer en valor e visibilizar o traballo científico e de investigación realizado polas mulleres. Os coloquios impartiranse a partir das 17.00 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán.

O primeiro simposio será A saúde das mulleres maltratada polas violencias de xénero institucionais, que correrá a cargo de Lola Ferreiro, feminista e doutora en Medicina, cunha ampla experiencia no eido da investigación sobre a saúde mental dende unha perspectiva de xénero. Deseguido, a matemática de formación, investigadora e actual responsable de Dixitalización en Reganosa, Rocío Vega, ofrecerá a charla Unhas ecuacións que nos baixan os fumes, que se centrará nas ferramentas dixitais que axuden a mellorar a eficiencia enerxética e a avanzar cara a descarbonización.

Finalmente, a enxeñeira agrónoma Begoña de Bernardo falará da autosuficiencia e a resiliencia ca ponencia Crises e espolios. Unha ollada desde o ecofeminismo. A relatora é activista e divulgadora, presidenta da asociación Véspera de Nada e membro da Rede para o Decrecemento.

A entrada é libre e habilitarase un espazo de conciliación para crianzas de 3 a 12 anos na biblioteca. s. souto

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.