O Correo de Barbanza

A Xunta impulsa dende Muros a Artesanía de Galicia con tres talleres

  • 12 abr 2022 / 19:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MUros. A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou este martes a iniciativa Obradoiros de Artesanía de Galicia en Muros, impulsada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e

Innovación co obxectivo de achegarlle á sociedade os oficios artesanais, visibilizar a marca Artesanía de Galicia e contribuír á difusión do valor engadido destes produtos. Nesta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Muros, inclúense tres obradoiros abertos a todo tipo de públicos, que se celebrarán ata o día 15 de abril no Muíño das Mareas do Pozo do Cachón. Ao longo da semana, os visitantes poden coñecer de preto o bordado, a estampaxe téxtil e a pintura sobre madeira de xeito gratuíto e sen necesidade de inscrición previa. Os talleres realízanse de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. c. g.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.