O Correo de Barbanza

Acondicionan as instalacións polideportivas de A Tomada

  • 24 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Pobra. Coa finalidade de modernizar as instalacións deportivas municipais da Pobra do Caramiñal para ofrecerlle aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade, nos pasados días rematou unha intervención focalizada no polideportivo de A Tomada e que consistiu na aplicación de resina en toda a pista co seu posterior repintado, segundo explicaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo.

Máis polo miúdo, efectuouse a limpeza e desengraxado da superficie obxecto da actuación; o repaso de todas as gretas; a aplicación dunha primeira man de imprimación para soportes non porosos; o acabado con pintura especial para canchas; e a marcaxe de toda as franxas dos diferentes campos.

As tarefas foron executadas pola empresa Gilberto Pinturas e o investimento ascendeu a 18.150 euros.

Dáselle así continuidade aos labores de mantemento levados a cabo con anterioridade en dito recinto deportivo, como os que comprenderon o pintado interior e traballos de impermeabilización.

Neste sentido, Xosé Lois Piñeiro fixo fincapé nas diversas actuacións que se realizan no pavillón, as cales proseguirán proximamente cunha intervención xeral para intentar eliminar as infiltracións na cuberta da edificación, despois de que xa se executasen previamente outras actuacións nesa mesma liña con carácter puntual. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.