O Correo de Barbanza

Adisbismur vén de iniciar o Camiño de Muros-Noia

  • 22 sep 2021 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MUROS. Un total de 9 persoas usuarias e 3 profesionais do centro ocupacional de Valadares da asociación Adisbismur, entidade que forma parte de Cogami, iniciaron este mércores a primeira das etapas da recentemente declarada vía de peregrinación pola Igrexa: a ruta Ría de Muros-Noia do Camiño de Santiago. Na saída, e durante un traxecto de 3 km aproximadamente, o grupo estivo acompañado polo resto de persoas usuarias do centro ademais da alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e do párroco Daniel Pérez, quen foi a persoa encargada de facer entrega das credenciais que este grupo de peregrinas e peregrinos irá selando nas zonas de paso ata poder obter a Compostela ó final do Camiño. A primeira etapa realizada constou dun traxecto de 10 km e este xoves será retomado o punto de chegada para poder seguir avanzando. Cada semana irán realizando o resto dos tramos de 10 km aproximadamente, ata chegar a Santiago. m. c.

Tema marcado como favorito