O Correo de Barbanza

Adxudicadas as obras de pavimentación do vial de Axeitos, en Oleiros

  • 03 may 2021 / 16:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA. O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional da actuación consistente na pavimentación da estrada de Axeitos, situada na parroquia de Oleiros. A empresa que obtivo a mellor clasificación entre as dez que se presentaron ao concurso público resultou ser Construcciones Ponciano Nieto S.L, cunha oferta económica de 75.868 euros, IVE incluído. O obxectivo desta obra reside en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico no vial en cuestión, que a día de hoxe rexistra algúns baches e zonas disgregadas ao longo de todo o seu trazado. A intervención inclúe tamén a pavimentación dos sobreanchos. A actuación está financiada con cargo ao Plan Provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia Municipal (POS+ Adicional 1/2018). O prazo de execución dos traballos é de dous meses. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.