O Correo de Barbanza

Alumnos do IES A Cachada eliminan especies invasoras en Barraña e no esteiro de Coroño

  • 24 mar 2022 / 15:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. O Concello de Boiro levou a cabo co Club de Ciencia do IES A Cachada un proxecto de formación e divulgación para realizar actividades de control das especies exóticas invasoras no entorno da praia de Barraña e o río Coroño.

O obxectivo desta actividade era sensibilizar ao alumnado na problemática e consecuencias que as especies exóticas invasoras teñen no noso medio natural, así como involucralos na busca de solucións e nos traballos de eliminación para facerlle fronte e algunhas desas especies.

Participaron 24 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO que, acompañados polo profesorado do centro e dun técnico forestal, retiraron exemplares de Arctotheca calendula e Carpobrotus edulis, na citada praia e no esteiro de Coroño.

O programa consistiu nunha charla, unha saída para coñecer como se debe facer a retirada e unha práctica de mostraxe para coñecer a superficie na que se atopa a especie e elaborar un plan de control da mesma. Ademais, retiraron uñas de gato no esteiro. Os alumnos fixeron tres saídas para eliminar un total de 1.051 quilos de Carpobrotus edulis na desembocadura do río. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.