O Correo de Barbanza

Ambar puxo en marcha un programa de vela inclusiva

  • 26 abr 2022 / 17:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ribeira. A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar asinou un convenio co Club Náutico de Ribeira para realizar o innovador programa Mar sen límites, que promoverá a inclusión social das persoas con diversidade funcional a través da navegación a vela e a creación de sinerxias cos axentes do sector marítimo e costeiro.

A primeira actividade foi unha sesión de formación sobre conceptos básicos de navegación. As próximas serán as denominadas Fondeando no mar (navegación de persoas con experiencia noutras escolas de vela, para promover a conexión e o vínculo entre persoas mozas con e sen diversidade, e que poderán participar en regatas); Enfoque náutico (un obradoiro e charlas para dar a coñecer a comunidade costeira, os recursos e o patrimonio da ría de Arousa, así como a sostibilidade dos mesmos e o impacto medioambiental dos usos incorrectos do mar); e Voluntariado náutico (formación con aspectos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como outras normas organizativas, de funcionamento e seguridade).

O convenio foi asinado polo presidente do Club Náutico de Ribeira, José Luis Torres Colomer, e pola presidenta de Ambar, Milagros Rey. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.