O Correo de Barbanza

Arrancan as melloras no Camiño Real da Pobra

  • 17 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

a pobra. O alcalde da Pobra, Lois Piñeiro, e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, supervisaron este venres o inicio da segunda fase de actuación do Camiño Real, que empeza antes que a primeira ao ser dependente exclusivamente do Concello a través do remanente de 2018, mentres que a outra se enmarca no POS+2020 da Deputación da Coruña e sairá proximamente a licitación. A actuación consiste na roza e na limpeza, no corte e fresadura do pavimento, firme de aglomerado en quente e implantación dun pequeno muro de contención de pedra granítica por cuestións de seguridade (de 82,72 metros cadrados e de catro metros de altura no seu punto máis elevado). A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. cun prazo de execución dun mes e o importe ascende aos 69.797 €. Tamén se mellorará a recollida de pluviais e solicitarase a conexión ao saneamento daquelas vivendas dese tramo que aínda non o fixeron. s. s.

Tema marcado como favorito