O Correo de Barbanza

Barbanza dálle forma á alianza pola calidade no eido do turismo

  • 25 ene 2023 / 18:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. A Mancomunidade Barbanza-Arousa, no marco da súa estratexia de colaboración público-privada, iniciou a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino entre os axentes turísticos da comarca.

O vindeiro día 1 terá lugar no viveiro de empresas de Boiro, ás 10.00 horas, unha reunión informativa sobre a adhesión dos axentes turísticos a dito sistema, un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos de ata 36 oficios diferentes. Nel poden participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista, como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes, entre outras.

O obxectivo é mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, etcétera.

Para asistir á reunión informativa é preciso inscribirse a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.