O Correo de Barbanza

Bealo acollerá a milleiros de romeiros polo San Ramón

  • 26 ago 2022 / 11:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boiro. A localidade boirense de Bealo acollerá do martes 30 ó domingo 4 a Romaría de San Ramón, na contorna da capela, en terreos forestais de titularidade privada, nos que, segundo establece a normativa vixente, non se permite e acampada libre nin o uso de lume. E, como é tradicional, esta cita reunirá a milleiros de persoas, moitas das cales acoden a xantar ó aire libre.

O Concello celebrou esta semana unha xunta local de seguridade para avaliar as medidas que se van levar a cabo para un bo desenvolvemento dos festexos.

Neste senso, lémbrase que segundo o artigo 1.4 do decreto 159/2019 do 21 de novembro da Xunta de Galicia, a acampada ao aire libre non está permitida fóra dos campamentos de turismo autorizados pola Administración turística de Galicia.

Do mesmo xeito, e atendendo á situación de risco alto de incendios forestais e segundo o establecido no artigo 36.1 da Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, non está permitido realizar fogueiras de recreo ou ocio para a preparación de alimentos, así como empregar equipamentos de queima e combustión destinados á iluminación ou elaboración de alimentos. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.